Seleccionar página

Somos unha empresa con sede en Riós (Ourense) dende o ano 1999 autorizada por la Xunta de Galicia para poder atender a persoas dependentes nos seus domicilios con Nº de Rexistro VP-1412.

Como parte do servizo de axuda no fogar, queremos acompañarte na túa vida diaria, apoiándote e realizando contigo todas aquelas tarefas e actividades diarias que necesites cubrir, que poden ser de carácter persoal, doméstico, psicolóxico, social, educativo, rehabilitado ou técnico, para a mellor realización das actividades cotiás, imprescindibles para o normal desenrolo da vida diaria, evitando así un posible internamento, potenciando a túa propia autonomía e promovendo condicións máis favorables. Porque garantir o teu benestar e tranquilidade dentro da túa propia casa é unha prioridade para nos.

Como empresa de axuda no fogar, o noso servizo de atención domiciliaria baséase na consecución dun obxectivo que compartimos contigo: animarte a permanecer na casa o maior tempo posible.

Para conseguilo, apoiarémoste en todas aquelas tarefas e actividades domésticas, sanitarias e sociais que garantan a túa independencia e autonomía, prestarémosche a atención socio-sanitaria e os coidados necesarios, e adaptarémonos ao teu ritmo de vida e ao da túa familia.

En definitiva, axudarémosche a manter a túa calidade de vida e evitar calquera risco que poida poñer en perigo a túa independencia. O noso equipo profesional de axudantes do fogar prestarache a asistencia que precises e cando o precises con respecto, cariño e profesionalidade, para que a túa vida siga chea.